O Páramo acolle dúas actividades este venres, 25 de outubro
SarriaXa
Unha delas será a presencia da furgoneta de Galicia Sabe Amar e outra será especial para os máis cativos do municipio
24 Out 2024
O Concello do Páramo acolle este venres, 25 de outubro, a furgoneta de Galicia Sabe Amar, que estará no Campo da Feira de 12.00 a 18.00 horas.
Así, todas as persoas interesadas en achegarse e desfrutar dos produtos do mar e da terra de maneira gratuíta poderán facelo da man desta iniciativa da Xunta de Galicia.
Por outra banda, ese mesmo día, terá lugar un espectáculo de Titiritres que se chama ‘Emotiva’ e será ás 16.30 horas na Casa do Concello, onde se poderán achegar os máis pequenos e as súas familias para desfrutar desta actividade.