O Páramo acolle este 24 de outubro a actividade infantil ‘Autos tolos’

SarriaXa
A proposta, organizada polo Concello do Páramo dentro do programa ‘Ler conta moito’, combina ciencia, xogo e imaxinación
autos-tolos
23 Oct 2025

O Concello do Páramo acollerá este venres, 24 de outubro, ás 16:30 horas, a actividade infantil ‘Autos tolos!’, unha proposta lúdica e educativa na que os nenos e nenas deseñarán o seu propio vehículo e participarán nunha carreira única, tola e chea de diversión.

A iniciativa forma parte do programa ‘Ler conta moito’, co que as bibliotecas municipais promoven o gusto pola lectura e o aprendizaxe creativo, e conta coa colaboración do proxecto ‘Xóvenes Científicos’, que achega actividades didácticas centradas na ciencia e a experimentación.

Durante a sesión, os participantes poderán construír e personalizar os seus coches con pezas de construción e mecanismos sinxelos, poñendo a proba a súa imaxinación e enxeño antes de competir nunha emocionante carreira final.

A actividade, de carácter gratuíto, está dirixida ao público infantil e busca fomentar o traballo en equipo, a creatividade e o interese pola ciencia e a tecnoloxía dun xeito divertido e participativo.

⚙ Configurar cookies
0.064541816711426