O Páramo celebra este domingo a primeira Feira de Artesanía con diferentes actividades

SarriaXa
A xornada incluirá música, comida popular, contacontos e maxia para todos os públicos
Campo-da-feira-O-Paramo-5
9 Aug 2025

A primeira Feira de Artesanía do Páramo celebrarase este domingo 10 de agosto coa apertura oficial ás 11:00 horas.

A programación arrancará coa inauguración e continuará ás 12:30 horas coa sesión vermú sinfónica protagonizada pola banda de música da comarca de Sarria.

Xa pola tarde, ás 14:00 horas, terá lugar unha comida popular que contará coa presenza de polbeiras.

Ás 18:00 horas os máis pequenos poderán gozar dun contacontos a cargo da escritora infantil Ana Meilán, mentres que ás 19:00 horas o mago Alaz ofrecerá un espectáculo de maxia baixo o título ‘La risa de la ilusión’.

⚙ Configurar cookies
0.1489679813385