O Páramo acolle este venres unha proposta teatral para todos os públicos

O Concello de O Páramo convida a toda a veciñanza a gozar da obra teatral '5 horas con Mariana', unha proposta escénica que promete ser "unha montaña rusa de risas e emocións que non deixa a ninguén indiferente".
A función terá lugar o venres 27 de xuño ás 18:00 horas no Salón de Actos do Concello do Páramo. A actividade está organizada en colaboración co Pacto de Estado contra a violencia de xénero, o Ministerio de Igualdade e a compañía Nath Teatro.
Esta obra pretende achegar ao público unha experiencia única, cargada de humor e sentimentos, e cunha mensaxe de fondo que invita á reflexión. A entrada é libre ata completar aforo.