O Páramo acolle moitas e diversas actividades durante o seu I Mercadiño de Nadal
O Concello do Páramo anuncia novas actividades que se desenvolverán este sábado, 21 de decembro, durante o primeiro Mercadiño de Nadal do municipio.
No Mercado, que estará no campo da feira, haberá artesanía, alimentación, antigüidades e actividades para promover que se acheguen centos de persoas, tanto veciños como interesados, ao Concello do Páramo.
Ademais, os nenos e nenas do Páramo recibirán a visita de Papa Noel que recibirá as cartas de cada un deles, e haberá unha degustación gratuíta de chocolate e roscón para todas as persoas interesadas. Ademais, contarase cun posto de polbo á feira.
Outra das actividades destacadas será a da Escola de Baile Ritmo Lugo, que fará unha exhibición de baile ás 12.30 horas no templete do campo da feira, onde estará Jandro Pallares, cinco veces campión de España en bailes caribeños e sexto no ránking mundial de salsa.
Ademais, tamén durante esa xornada do día 21, a partir das 16.00 horas terá lugar un obradoiro para os máis pequenos sobre as emocións a través de xogos teatrais. Alí, potenciarase a creatividade e fomentarase a comunicación e expresión non verbal. Ademais, utilizaranse as cores como guía para falar do que senten as participantes.
Tamén haberá unha sesión de contacontos a partir das 17.00 horas da man da profesora do CEIP do Páramo no curso 2021-2022, Marta baixo o nome de 'Un feitizo de familia'.