O Páramo acolle unha xornada de formación sobre o coidado de persoas dependentes

SarriaXa
A actividade celebrarase o 15 de outubro na Casa do Concello cun curso gratuíto dirixido á veciñanza
concello-do-paramo
27 Sep 2025

O Concello de O Páramo, en colaboración coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e coa asociación Afallu, organiza unha xornada formativa sobre o coidado de persoas dependentes.

A cita terá lugar o mércores 15 de outubro ás 16.00 horas no salón de actos da Casa do Concello.

A iniciativa, de carácter gratuíto, busca ofrecer ferramentas e recursos prácticos a familiares e coidadores que atenden a persoas en situación de dependencia. As persoas interesadas poden formalizar a inscrición a través do teléfono 982 53 91 56.

⚙ Configurar cookies
0.083668947219849