O Páramo acollerá a obra ‘Emma bajo el agua’ dentro dos actos do 25N

SarriaXa
O municipio programa teatro social para reflexionar sobre a igualdade e a violencia machista
concello-do-paramo
26 Nov 2025

O Páramo acollerá este venres 28 de novembro ás 16:30 horas a función 'Emma bajo el agua', promovida no marco das actividades organizadas con motivo do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres (25N).

A proposta parte da compañía Dinamia Teatro, que define a obra como “teatro social sobre igualdade de xénero”. 'Emma bajo el agua' concíbese como un “teatro-foro”, unha forma de expresión dramática con vocación participativa que busca involucrar o público non só como espectador, senón como parte activa na reflexión sobre realidades de violencia machista, desigualdade e dinámicas de poder.

Con este espectáculo, O Páramo súmase ás decenas de concellos, asociacións e colectivos que en toda España organizan actos culturais, lecturas, manifestacións ou performances no entorno do 25N, co obxectivo de reivindicar igualdade real e o fin da violencia machista.

⚙ Configurar cookies
0.047384977340698