O Páramo acollerá a súa primeira Feira de Artesanía o 10 de agosto coincidindo co día de feira mensual

SarriaXa
O evento desenvolverase no Campo da Feira entre as 11:00 e as 20:00 horas e xa están abertas as inscricións para os postos
Campo-da-feira-O-Paramo-5
7 Jul 2025

O Concello de O Páramo organiza a I Feira de Artesanía, unha cita que terá lugar o vindeiro 10 de agosto no Campo da Feira da localidade. A xornada celebrarase coincidindo co día de feira mensual e contará cun horario ininterrompido de 11:00 a 20:00 horas.

O evento nace co obxectivo de promocionar a creación artesanal e dar visibilidade ao traballo de profesionais e afeccionados do sector, ofrecendo un espazo de encontro e difusión cultural para veciñanza e visitantes.

As persoas interesadas en participar cun posto xa poden inscribirse. O prazo de inscrición estará aberto ata o 1 de agosto e poden solicitar información ou anotarse contactando co número de teléfono 667 340 098 (Vero).

⚙ Configurar cookies
0.14891195297241