O Páramo acollerá a unidade móbil da ITV agrícola a finais de xaneiro

SarriaXa
O servizo prestarase en varias xornadas ao carón do polideportivo e será necesario solicitar cita previa
ITV-agricola
10 Jan 2026

O Concello do Páramo informou da chegada da unidade móbil de inspección técnica de vehículos agrícolas ao municipio durante os últimos días do mes de xaneiro de 2026.

Segundo o bando de Alcaldía, o servizo desprazarase ao termo municipal os días 22 e 23 de xaneiro e tamén do 26 ao 30 do mesmo mes, situándose ao lado do polideportivo.

O horario de atención ao público será de 9:00 horas a 13:30 horas e de 15:15 horas a 18:00 horas. Non obstante, os días 23 e 30 de xaneiro a inspección realizarase unicamente en horario de mañá, segundo se especifica no anuncio municipal.

As persoas interesadas en pasar a inspección deberán solicitar cita previa, ben por teléfono no número 981 92 80 80 ou a través da páxina web www.sycitv.com.

⚙ Configurar cookies
0.073138952255249