O Páramo adhírese ao ao programa Xantar na Casa da Xunta
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, mantivo unha reunión de traballo co alcalde do Concello do Páramo, José Luis López, na que acordaron a adhesión deste municipio ao programa Xantar na Casa.
O seguinte paso será a sinatura dun convenio entre as dúas administracións para a xestión deste recurso.
Xantar na Casa é un recurso de comida a domicilio que garante unha alimentación saudable e equilibrada adaptada ás necesidades de maiores que viven sos, persoas dependentes ou en risco de exclusión social.
No marco da colaboración entre Xunta e Concello, serán os servizos sociais municipais os que se encargarán de seleccionar aos beneficiarios do programa que recibirán no seus fogares o menú para os sete días das semana, festivos incluídos.
Pola súa banda, a Xunta financiará o 50 % do custo da comida, mentres que a outra metade correrá a cargo do concello e dos usuarios a partes iguais.
A comida repártese nos domicilios nunha única entrega, polo que os destinatarias só teñen que quentala antes de consumila. Ademais, o programa facilita neveira e microondas no caso de que os fogares dos beneficiarios non dispoñan deles.
Na actualidade, o Xantar na Casa chega a 2.500 persoas e a 200 concellos de toda Galicia, repartíndose máis de 17.000 menús semanais.