O Páramo contará cun campamento de verán entre os meses de xullo e agosto
O Concello do Páramo abre o prazo para que os nenos e nenas de 3 a 13 anos do municipio poidan desfrutar do campamento de verán que organiza o Goberno local.
As actividades, que comezarán o día 1 de xullo e rematarán o 31 de agosto, terán horario de 10.00 a 14.00 horas de luns e venres e o lugar de recollida dos pequenos será no centro sociolcultural.
Porén, as actividades desenvolveranse no polígono polideportivo do Páramo, no centro social e no campo da feira, xa que haberá diferentes actividades de manualidades, deporte e de lecer.
Cada familia deberá aportar 20 euros por cada neno e nena que participe no campamento por quincenas, mentres que os nenos e nenas que non estean empadroados no Concello deberán pagar 40.
A intención do campamento é “favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán, ao mesmo tempo que se lles dá aos nenos a opción de desfrutar dun tempo de ocio, san e divertido, facilitando a convivencia e as relacións sociais”, defenden desde o Concello.