O Páramo destina máis de 78.000 euros na renovación da iluminación exterior
SarriaXa
O Páramo fai unha inversión total de 78.756,80 euros para levar a cabo as obras de renovación de instalacións de iluminación exterior.
19 Oct 2021
O Concello do Páramo fai unha inversión total de 78.756,80 euros para levar a cabo as obras de renovación de instalacións de iluminación exterior.
Para estes traballos, o concello acolleuse a unha liña de axudas a proxecctos de economía baixa en carbono promovidos por entidades locais, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) e xestionada pola IDAE, co obxectivo de conseguir unha economía máis limpa e sostible.
Desta maneira, o importe de axuda ascende aos 62.997,44 euros e realizarase nas parroquias de Adai, Cendoi, Rodriz, San Mamede, Gondrame, Vilardepenas, Vileiriz e San Xuliao.