O Páramo estrea a súa primeira Feira de Artesanía coincidindo coa feira mensual

SarriaXa
A cita combinará postos de artesanía e alimentación con actividades para todas as idades durante toda a xornada
Feira-Artesanía-O-Páramo-cartel
16 Jul 2025

O Páramo vivirá o próximo 10 de agosto unha xornada especial coa celebración da súa primeira Feira de Artesanía, que se desenvolverá ao mesmo tempo que a tradicional feira mensual.

Ao longo do día, a veciñanza e visitantes poderán visitar distintos postos de artesanía e alimentación, cuxos detalles se irán desvelando nos vindeiros días, ademais dos habituais pulpeiros que cada mes forman parte da cita.

A iniciativa busca consolidarse como unha tradición que combine arte e gastronomía galegas, contando coa colaboración tanto dos expositores como do público asistente para garantir o seu éxito e continuidade no tempo.

Para completar a proposta, durante a mañá e a tarde haberá actividades pensadas para todos os públicos, ofrecendo unha xornada de lecer e cultura pensada para todas as idades.

Desde o Concello salientan o seu compromiso coa promoción da artesanía local e da identidade gastronómica da comarca, apostando por dar visibilidade aos produtos e creadores da zona nun ambiente festivo e participativo.

⚙ Configurar cookies
0.14531898498535