O Páramo estrea Casa do Maior
O Concello do Páramo conta dende o pasado venres cunha Casa do Maior, este servizo está dirixido as persoas de máis idade da zona con dependencia de grado I e II e aqueles que non teñan dependencia.
Neste lugar os máis maiores poderán realizar diferentes actividades para axudar a sentirse máis acompañados. O Páramo é un Concello que destaca pola lonxevidade dos veciños polo que é habitual que estes pasen tempo sós. Na Casa do Maior poderán desfrutar da compañía dos seus veciños de luns a venres de 10.00 a 18.00 horas.
Polo de agora, conta con cinco prazas e é gratuíto. Para recibir máis información poden chamar ao número 982 162 585, ou visitar o consistorio e a propia Casa do Maior.
Este proxecto supón unha mellora no Concello ao non haber ningún tipo de instalación con estes fins na zona. Adriana Seijo, xerocultora, viu unha oportunidade e púxose mans a obra na antiga vivenda de maestros de Sa, que foi rehabilitada no ano 2020 polo Concello co obradoiro de emprego.
A antiga vivenda de mastros de Sa conta cunha salita, unha cociña, aseos, e unha sala de ocio que serve como comedor. Aquí levarán a cabo distintas actividades que os axudarán a mellorar o seu estado de saúde como ximnasia, obradoiros, cursos de cociña, xogos de lóxica, visualización de documentais e películas, xogos de mesa, etc. Ademais, entre os obxectivos, atópase a realización conxunta de actividades co colexio do Páramo.