O Páramo necesita cubrir 8 prazas de auxiliar de axuda no fogar
O Concello de Páramo convoca varias prazas para a estabilización de emprego temporal publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo número 292 do 23 de decembro.
Neste documento, publicáronse as bases que han de rexer a convocatoria segundo a praza á que se queira acceder.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais a contar desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial do Estado, publicado o pasado 30 de decembro, polo que as persoas interesadas teñen ata o vindeiro 19 de xaneiro para presentar as súas solicitudes.
Prazas convocadas
Convócanse dez prazas en quenda libre, oito pertencen ao persoal de persoal laboral fixo e para cubrir a través do sistema de concurso; e as dúas restantes serán tamén para persoal laboral fixo, pero a cubrir polo sistema de concurso-oposición.
Desta maneira, das oito primeiras, unha praza será a de Axente de Emprego e desenvolvemento local, outra será de limpador/a de dependencias municipais e outras seis para auxiliar de axuda no fogar.
As dúas prazas restantes serán tamén para o posto de auxiliar de axuda no fogar, pero a cubrir polo sistema de concurso-oposición.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos na forma prevista nas propias bases que se poden ver na Sede Electrónica do Páramo.