O Páramo organiza o seu Campamento de Verán para nenos e nenas desde xullo e ata setembro

SarriaXa
O Páramo organiza o seu Campamento de Verán para nenos e nenas desde xullo e ata setembro, o máis longo da comarca
Campamento O Páramo
23 Xuño 2023

O Concello do Páramo organiza o seu Campamento de Verán para nenos e nenas de entre 3 e 13 anos desde o 3 de xullo ata o 1 de setembro en horario de 10.00 a 14.00 horas no polideportivo, no centro social e no campo da feira do Páramo.

As familias interesadas en apuntar aos seus fillos a estas actividades poderán reservar praza no Concello ata o vindeiro 27 de xuño e poderán apuntarse por quincena, que terá un custo de 20 euros para os nenos e nenas empadroados no Páramo e de 50 euros para os que non estean empadroados.

Esta iniciativa desenvólvese desde o Concello do Páramo "co fin de favorecer a conciliación da vida familiar e laboral no periodo de vacacións de verán e, ao mesmo tempo, darlle aos nenos a opción de desfrutar dun tempo de ocio e divertido, facilitando a convivencia e relacións sociais entre eles", defenden desde o goberno local.

0.17161798477173