O Páramo organiza un taller para identificar as emocións

SarriaXa
O obradoiro celebrarase o 26 de agosto, en horario de 10:30 a 12:30 horas, e está destinado a nenas e nenos de 3 a 17 anos
concello-do-paramo
23 Aug 2025

O Concello de O Páramo impulsa unha nova actividade dirixida á infancia e á mocidade: o “Taller Detectives Emocionais”, unha proposta lúdica e educativa que busca fomentar o autocoñecemento e a empatía.

O obradoiro celebrarase o 26 de agosto, en horario de 10:30 a 12:30 horas, e está destinado a nenas e nenos de 3 a 17 anos.

A actividade céntrase na identificación das emocións propias e alleas, combinando o traballo en equipo coa reflexión individual. O programa inclúe un conto interactivo titulado Detectives das emocións, un xogo de roles para adiviñar sentimentos a través da escenificación, e a creación dun anuncio visual.

Este taller conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, así como coa asociación Afammer Lugo e o Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.

⚙ Configurar cookies
0.082088947296143