O Páramo queda un ano máis sen as Feiras e Festas de Primavera

SarriaXa
A Asociación de Amigos do Campo da Feira, organizadora do evento, decidiu suspendelo por segundo ano consecutivo por mor da covid.
o paramo feira primavera
12 Apr 2021

A Asociación de Amigos do Campo da Feira, do Páramo, decidiu suspender por segundo ano consecutivo a celebración das Feiras e Festas de Primavera, que tería lugar os días 11, 12 e 13 de xuño.

O colectivo, responsable da organización do evento, vén de tomar esta decisión debido á actual situación sanitaria e agardan poder retomar o vindeiro ano o festexo que, de se celebrar este mes de xuño, acadaría a súa cuadraxésimo cuarta edición.

As Feiras e Festas da Primavera reúnen cada ano a milleiros de persoas e contan cunha ampla programación. De feito, a tradicional celebración, unha das máis veteranas de Galicia, inclúe exposicións de artesanía e maquinaria agrícola, concursos de gando vacún, unha xornada dedicada ao cabalo, así como as festas dos maiores e da xuventude.

O Concello do Páramo aprobaba precisamente, na sesión plenaria celebrada a finais de marzo, unha transferencia de crédito por valor de 6.000 euros. Esa cantidade pensaba destinarse como subvención á Asociación Amigos do Campo da Feira para a organización das Feiras e Festas da Primavera pero, dada a actual decisión, os fondos destinaranse ao novo plan municipal de apoio á hostalería para paliar as consecuencias da covid, aprobado por unanimidade pola corporación, así como a axudas que se poden convocar máis adiante, explicaron desde o goberno local, se se producen novos peches.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17698693275452