O Partido Popular de Sarria pide que o goberno local diga cando vai devolver o diñeiro do 'catastrazo'

SarriaXa
O Partido Popular de Sarria pide que o goberno local diga cando vai devolver o diñeiro do 'catastrazo'
6 Feb 2023

O Partido Popular de Sarria pide que o goberno municipal explique aos veciños todos os puntos sen aclarar en canto á recadación polo catastrazo e as previsións para devolver o cobrado de máis.

Por esta razón, os concelleiros populares acaban de solicitar que se emita un informe por parte da interventora municipal sobre diversos aspectos.

Queren saber a canto ascenderon os ingresos por IBI do Concello de Sarria dos anos 2016, 2017, 2018 e 2019, a que exercicio orzamentario foron imputados como ingreso, quen ten que devolver o importe cobrado indebidamente aos contribuíntes e a canto ascende a cantidade a reintegrar, cando se procederá a restitución do indebidamente percibido por parte do Concello e como se vai a custear a devolución.

En relación coas preguntas anteriores e en canto ao orzamento do ano 2023, interésanse por coñecer cal é o importe que se prevé recadar por parte do Concello en concepto de IBI e que anos de recadación comprenden. Igualmente queren coñecer se se ten en conta á hora de cuantificalo o acordo de pleno do 26 de xaneiro 2023, no que se optou por realizar un procedemento xeral de valoración e non o simplificado.

Por último, preguntan se se tivo en consideración a modificación da ordenanza fiscal reguladora deste imposto, aprobada por unanimidade polo pleno o 29 de setembro de 2022, e que contemplaba bonificacións do 30 % ao 90 % en parcelas de natureza urbana.

O presidente dos populares de Sarria, Fernando Carlos Rodríguez sinala que "o alcalde, Claudio Garrido, leva case catro anos esquivando a contestación a estas preguntas e desviar o tema cara ao Servizo de Recaudación Provincial ou cara a xerencia do Catastro".

0.15530395507812