O Partido Popular en contra da subida do IBI en Samos

SarriaXa
O Partido Popular está en desacordo cos socialistas do PSOE ao querer estes subir o Impostos de Bens Inmobles en Samos.
12 Nov 2021

c ao incrementar os impostos. Afirman que “os gobernos socialistas teñen unha inmoderada tendencia a recorrer ao procedemento de subir os tributos xa existentes ou crear outros novos. O alcalde de Samos non é unha excepción e agora quere recadar máis en concepto de Imposto de Bens Inmobles mediante o incremento do gravame aplicable en rústica, que pasará, se sae adiante a proposta do goberno, do actual 0,30 a 0,65, é dicir, máis do dobre”.

O portavoz popular en Samos, José Fernández, anuncia a oposición do PP a esta medida e esixe que se manteña o gravame actual. Acusa ao Alcalde de ter un desmedido afán recadatorio, que non se corresponde en absoluto coa calidade dos servizos que reciben os veciños. Por outro lado, o popular José Fernández pide explicacións ao goberno local polo feito de que durante tres anos (2019, 2020 e 2021) o servizo de recadación da Deputación aplicase indebidamente o 0,65 aos recibos do IBI de rústica.

Fernández anuncia o voto en contra do PP á proposta do goberno para subir a 0,65 o gravame do IBI de rústica. Sinala: “É un despropósito tomar unha medida como esta xusto cando é preciso favorecer a recuperación de todos os sectores produtivos e da economía das familias tan prexudicados pola crise económica debida á pandemia”. Engade: “Unha medida como esta só se pode entender dende un incontrolado afán recadatorio do alcalde, afán que non se corresponde en absoluto coa calidade dos servizos que reciben do Concello os veciños de Samos”.

O portavoz popular di que a incapacidade do goberno local para xestionar con tino os asuntos municipais é cada día máis preocupante, sinaladamente no tocante ás cuestións económicas. “Resulta que no ano 2018 acordouse polo pleno baixar o tipo de gravame de rústica do 0,65 ao 0,30 e agora, cando se empeza a ver a posibilidade de superar a crise provocada pola pandemia, ao alcalde non se lle ocorre outra cousa que subir o gravame de rústica; é un grave erro dende calquera punto de vista que se mire”.

Fernández di que se non fora un asunto tan serio, a proposta do alcalde sería cousa de moita risa. Neste sentido, declara: “O que ten que facer o alcalde é dar explicacións aos veciños de por que durante tres anos (2019, 2020 e 2021) se cobrou o IBI de rústica ao 0,65 e non ao 0,30 como acordara o pleno. Se foi un erro do servizo de recadación da Deputación, algo terá que reclamar o Concello, porque os veciños estiveron pagando máis do que lles correspondía. Agora din que van devolver o cobrado en exceso, e eu quero saber como vai controlar o Concello que iso se faga debidamente”.

Fernández di que a falta de capacidade do goberno municipal para xestionar os asuntos de Samos queda de manifesto no feito de non ter controlado debidamente e a tempo que os recibos que pasa aos propietarios o Servizo Provincial de Recadación son os correctos. “É de supoñer que o Concello fará algún tipo de reclamación á Deputación polo deficiente funcionamento do servizo prestado; quero respostas claras aos veciños”.

0.16829395294189