O Partido Popular esixe que se recupere e se poña en valor a Casona do Incio

SarriaXa
O portavoz do grupo Popular na provincia de Lugo, Antonio Ameijide, e a viceportavoz, Carmen José López, visitaron a Cruz do Incio para ver o estado da Casona do Incio, un inmoble histórico que ten gran valor para os veciños e veciñas.
Casona do Incio apuntalada
22 Ago 2023

O portavoz do grupo Popular na provincia de Lugo, Antonio Ameijide, e a viceportavoz, Carmen José López, visitaron a Cruz do Incio para ver o estado da Casona do Incio, un inmoble histórico que ten gran valor para os veciños e veciñas.

Así, os populares denuncian o "estado ruinoso no que se atopa como consecuencia de 16 anos de abandono por parte dos distintos gobernos socialistas e bipartitos na Deputación Provincial” e urxen ao goberno da Deputación de Lugo a dar pasos en firme para facer realidade a recuperación e posta en valor da Casona do Incio.

Xunto co alcalde do Incio, Héctor Corujo, que amosou a súa decepción e preocupación polo estado da Casona, os populares comprobaron que “os tellados das distintas edificacións están practicamente caídos na súa totalidade, está en risco a propia estrutura do inmoble e pon en perigo incluso aos veciños que pasen preto del”.

Así, defenden que "coa chegada dos gobernos do PSOE e o BNG á Deputación, o convenio firmado polo goberno do PP co Concello no ano 2006 para a rehabilitación da Casona do Incio quedou nun caixón" e os populares teñen reclamado en numerosas ocasións que se cumprira o acordado, en consonancia co que queren os veciños, que no 2018 se manifestaron contra a súa demolición, pedindo a súa rehabilitación.

0.11109304428101