O Paseo do Malecón de Sarria acolle esta tarde a ‘Peque Disco Moc Moc’

SarriaXa
Así, a veciñanza poderá desfrutar dun espectáculo único onde se mestura música, circo e clown
malecon-sarria
14 Ago 2024

Esta tarde de mércores 14 de agosto a partir das 20.00 horas o Paseo do Malecón de Sarria acolle a iniciativa ‘Peque Disco Moc Moc’.

Así, a veciñanza poderá desfrutar dun espectáculo único onde se mestura música, circo e clown para converter calquera espazo nunha auténtica disco móbil infantil e familiar.

Música, bailes, circo e humor nunha velada chea de sorpresas na que o DJ MeRe Clown fará gozar a nenos, nenas e maiores coa mellor música infantil, rock, hip hop, techno…

E todo isto acompañado dun equipo de iluminación disco, máquina de fume, pompas de xabón, confeti, malabares con lume ou luz e sobre todo moito humor.

0.049953937530518