O pavillón de Oural mellorou a súa eficiencia enerxética cun investimento de 60.000 euros

SarriaXa
As obras melloraron o illamento e o confort das instalacións, reducindo o consumo e as emisións contaminantes
pavillon-do-Oural-Sarria-Xunta
24 Oct 2025

A Xunta de Galicia destinou 60.000 euros á mellora da eficiencia enerxética e do confort do pavillón deportivo de Oural, en Sarria, mediante unha achega adicional ao Fondo de Cooperación Local, que xestiona a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, visitou as instalacións para comprobar o resultado dos traballos. Na zona dos vestiarios substituíuse a cuberta de chapa galvanizada sinxela por outra de panel sándwich de 30 mm de espesor. Ademais, realizáronse labores de limpeza, selado e impermeabilización nas carpinterías exteriores do pavillón.

O Concello de Sarria obtivo o importe máximo da axuda para estas obras, que reforzaron o illamento térmico das instalacións e contribuíron a reducir o consumo enerxético, as emisións contaminantes e os custos de mantemento, explicou Arias.

O Fondo de Cooperación Local é o instrumento central de colaboración financeira da Xunta de Galicia coas entidades locais e inclúe, entre outras liñas, un fondo adicional destinado a concellos con menos de 15.000 habitantes para obras de mellora da eficiencia enerxética en edificios municipais utilizados para a prestación de servizos ou o exercicio das súas competencias.

⚙ Configurar cookies
0.066137075424194