O pavillón do Páramo será o escenario do Torneo Baloncesto Entroido 25

O pavillón do Páramo será o escenario do Torneo Baloncesto Entroido 25, que terá lugar este mércores, 5 de marzo, entre as 11.00 e as 19.00 horas.
O evento contará coa participación dos alumnos do CEIP O Páramo, CEIP Paradai, CEIP A Ponte, CEIP Lousada, Salesianos e CEIP Albeiros.
Ademais dos partidos de baloncesto, a xornada incluirá xogos populares e actividades alternativas no exterior, promovendo así unha experiencia lúdica e deportiva para todos os asistentes.
A organización convida á comunidade educativa e ás familias a asistir a este torneo, que busca fomentar o deporte e a convivencia entre os participantes.