O pavimento dalgunhas rúas de Paradela foi renovado para mellorar a vida dos veciños
SarriaXa
A través dos fondos económicos do Plan Único da Deputación de Lugo, de 60.157,68 euros, foron feitos os traballos
10 Nov 2024
O Concello de Paradela anuncia que veñen de rematar as obras de pavimentación nas parroquias de Cerxedo e A Vila, unhas actuacións enmarcadas nas obras de Melloras dos accesos en Fruxinde, Cerxedo e A Vila.
A través dos fondos económicos do Plan Único da Deputación de Lugo, melloráronse rúas necesarias para o tránsito dos veciños e veciñas.
O custo total da obra, asumida pola institución provincial, foi de 60.157,68 euros e desde o Concello sosteñen que "seguimos traballando para ofrecer os mellores servicios a veciñanza".