O plan a Administración Cerca de Ti percorreu xa 13 concellos na provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O plan a “Administración Cerca de Ti” do Goberno chega a 13 concellos da provincia nas primeiras dúas semanas
administracion cerca de ti
4 Dec 2022

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, informou que o plan estatal a Administración Cerca de Ti chegou a 13 concellos da provincia nas dúas primeiras semanas do programa, ofrecendo as ferramentas da administración dixital aos veciños e veciñas destas localidades. Esta iniciativa, enmarcada nas políticas de reto demográfico, do Ministerio de Política Territorial en colaboración coa FEMP, permite avanzar na eliminación da fenda dixital no territorio. Concretamente, os primeiros municipios polos que pasou son Guitiriz, Castroverde, Palas de Rei, Cervo, Paradela, Castro de Rei, Xove, Guntín, O Páramo, Monterroso, Pol, Lourenzá e Mondoñedo.

“Este Goberno traballa para dar ferramentas dixitais á poboación do rural e agora, tamén, para ensinar a aproveitalas nas súas relacións coa administracións”, sinalou a subdelegada quen subliñou a necesidade de estar presentes en toda a provincia, independentemente do seu tamaño, ofrecendo un servizo de proximidade.

Isabel Rodríguez puxo en valor a colaboración dos concellos “pois este programa non sería posible sen a súa implicación” e destacou que a realización de Certificados Dixitais e darse de alta no Sistema Cl@ve son os servizos máis demandados pola cidadanía.

Así mesmo, agradeceu o traballo dos funcionarios e funcionarias públicas da Subdelegación do Goberno en Lugo que dende o pasado 15 de novembro están a percorrer, cos seus equipos tecnolóxicos, os pobos lucenses, para ensinar ás persoas interesadas a relacionarse coa Administración de forma dixital, resolver dúbidas e tramitar, entre outros, o certificado dixital, imprescindible para moitas xestións e que só se pode tramitar na presenza física da persoa que o solicita.

En total, A Administración Cerca de Ti pasará por 59 dos 67 concellos da provincia de Lugo. Actualmente, a Administración Xeral do Estado ofrece a posibilidade de realizar de xeito dixital a maior parte das xestións e das comunicacións con seus departamentos. Dende trámites básicos como as prestacións, o pago de impostos, permisos de condución, aboamento de taxas públicas, solicitudes de axudas ao estudo ou certificados de vida laboral, ata a solicitude de subvencións, que en moitos casos só se pode xestionar telematicamente.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15710997581482