O Plan Básico Municipal do Concello de Samos estará en exposición pública ata o 14 de xuño

SarriaXa
O documento ambiental estratéxico e o borrador do Plan Básico Municipal están a exposición pública por parte da Consellería de Medio Ambiente e de Cambio Climático
mosteiro-de-samos
17 Maio 2024

O documento ambiental estratéxico e o borrador do Plan Básico Municipal do Concello de Samos están a exposición pública por parte da Consellería de Medio Ambiente e de Cambio Climático ata o vindeiro 14 de xuño.

Así, todas as persoas que o vexan necesario poderán enviar as súas observación e suxestións a través do formulario informático habilitado no portal web da Consellería, a través do correo electrónico avaliacion.ambiental.estratexica@xunta.gal ou mediante un escrito que poden presentar na sede electrónica da Xunta de Galicia ou na rede de oficinas de atención á cidadanía e de rexistro.

No Plan Básico de Samos recóllese o recoñecemento da situación dos núcleos de poboación e a necesidade de favorecer a rehabilitación das edificacións do municipio fronte a novas construcións.

Ademais, inclúe os elementos protexidos, como o Camiño de Santiago e o Mosteiro, así como 72 bens arqueolóxicos, 24 igrexas, 134 arquitecturas civís e populares e 50 elementos do patrimonio etnográfico.

0.13767695426941