O plan Deputación destina case 600.000 euros para levar a cabo melloras en Sarria

SarriaXa
O plan Deputación de Lugo conta con case 600.
9 Feb 2024

O plan Deputación de Lugo conta con case 600.000 euros para investir no Concello de Sarria, 550.000 da Deputación e 30.000 do Goberno sarriao.

A maior parte deste financiamento irá dedicado a obras de mellora do asfaltado de estradas e pistas en zonas rurais do municipio, unha lista de lugares que foi aprobada nunha sesión ordinaria da xunta do Goberno local.

Así, os camiños nos que se actuará son os accesos en Ribeira, no Piñeiro, de Vigo de Sarria a Castro dos Petos, o acceso en Regueiro, Carballar e Castelo dos Infantes, a igrexa de Fontao desde Vilasante, Fafián e as Aceñas, Taíde e a escola da Pinza. Ademais, as pistas no Couso, o cemiterio de Chorente, a vía desde o campo de fútbol de Chorente, o aaceso a San Fiz desde Vilapedre, a Fonte do Agro, desde Maside á ponte de Santalla, Guitián ata Calvario e San Pedro, o acceso a Castelo de Loureiro desde a LU-P-5711, o acceso á igrexa de Nespeira, a pista de Vilamaior e o núcleo de Abeledo.

Para todo iso contarase con case 300.000 euros, pero outros 50.000 irán destinados a obras de mellora e ampliación de parques públicos infantís e 48.350 euros a renovar o firme da travesía do núcleo de Céltigos a Ronfe, en Láncara.

Ademais, o Goberno local decidiu empregar unha partida de 10.000 euros para construír un muro en Farbán e 17.000 euros para adquirirmobiliario urbano.

Máis actuacións cos orzamentos do plan Deputación

Por outra banda, destinaranse 18.000 euros para executar un sistema de control remoto para abrir e pechar o cemiterio municipal de Sarria e investiranse 12.000 euros para integrar un osario no cemiterio.

Con respecto a patrimonio, 18.000 euros utilizaranse para elaborar un plan director da Casa do Marqués e da praza da Vila, onde se están realizando reformas.

No referido á residencia de maiores Nosa Señora do Carme, esta tamén contará cunha partida económica de case 60.000 euros para renovar as cortinas, para adquirir material para o departamento de fisioterapia e elementos de cociña, e para adaptar unha sala de visitas na residencia.

Por último, parte do presuposto irá destinado ao SAF, en concreto 20.000 euros, e para contratar un auxiliar de información turística, por valor de 17.822 euros.

0.14892792701721