O pleno de organización de Láncara acabou coa aprobación de dúas dedicacións exclusivas

SarriaXa
O pleno de organización de Láncara acabou coa aprobación de dúas dedicacións exclusivas en gasto político para o goberno
casa concello láncara
9 Xul 2023

O goberno local de Láncara aprobou dúas dedicacións exclusivas de 41.000 euros para o alcalde, Darío Piñeiro, e outra parcial de 6.560 euros para a concelleira de Cultura, Deporte e Medio Ambiente, Alba Sangil; que servirán para mellorar os servizos sociais dos veciños do municipio.

Ademais destas asignacións no goberno local, tamén se aprobaron unhas cotas de 50 euros ao mes para os grupos políticos representados no Concello e 30 euros ao mes por cada edil.

O teniente alcalde, Pablo Rivera, defendeu estas dedicacións e o bo traballo do alcalde, xa que dixo que "as retribucións son menores que as dos concellos lindantes e con menos poboación".

0.17194008827209