O Pleno de Sarria aproba o paso a ben patrimonial dunha parte dun camiño de Goián
O Concello de Sarria aprobou provisionalmente no pasado Pleno, a alteración da cualificación xurídica, pasando de ben de domicilio público a ben patrimonial, unha parte dun camiño no lugar do Barrio, na parroquia de Goián.
Así pois, a superficie que se desafecta é duns 335,65 m², na cal, o territorio continúa a ser titularidade da administración pública pero, sen embargo, xa non ten carácter de ben de dominio público e, polo tanto, xa non está destinado directamente a ese uso público.
Desta maneira, sométese a información pública o expediente polo prazo dun mes, -a contar do día seguinte ao da publicación do anuncio do Boletín Oficial da Provincia-.
Neste prazo poderán formularse as alegacións que se estimen pertinentes e, no caso de que non existan, o acordo realizado no anterior Pleno do 29 de xullo, no que se aprobou provisionalmente a alteración da cualificación xurídica do ben citado.