O pleno de Sarria aproba unha moción sobre a urbanización da segunda fase do polígono

SarriaXa
O Concello de Sarria aprobou no Pleno dúas mocións do Partido Popular, así coma dúas propostas sobre o contrato do servizo eléctrico.
sarria
1 Out 2021

O Concello de Sarria aprobou no Pleno do día de onte dúas mocións do Partido Popular, así coma dúas propostas sobre o contrato que ten o concello polo servizo eléctrico para o alumeado público de Sarria.

En primeiro lugar, aprobouse unha moción na que se pedía a urbanización da segunda fase do Polígono Industrial do Morelle e a comercialización, venta e posta a disposición de empresas e emprendedores das parcelas industriais da mesma. Así mesmo, a isto uniuse unha segunda parte pola que tamén se pedía o mantemento, limpeza e mellora do estado de conservación da primeira fase do polígono de Morelle, "tal e como veñen esixindo os propietarios dende fai máis dun ano".

Esta cuestión foi apoiada por PSOE e BNG. Así mesmo, o partido nacionalista defendeu que o solo industrial debe de ser unha cuestión prioritaria na que hai que unir forzas para que a vila evolucione e creza. Sen embargo, Camiña Sarria non estivo de acordo e engadiu que consideraban de "oportunista" dita moción.

Por outra beira, a moción da Casa da Carmiña tamén se aprobou co apoio de PSOE e BNG. Nela pedíase a redacción, aprobación e execución dun proxecto técnico e as obras correspondentes para a súa rehabilitación. Claudio Garrido, alcalde de Sarria, defendeu que o partido xa mandara o proxecto de demolición en xaneiro de 2020 á Dirección Xeral do Patrimonio de quen non obtiveron resposta.

Sen embargo, dende o BNG ven preciso un proxecto de demolición e un de construción, saber o que se quere facer. “O ano pasado traballou todo o equipo de goberno nun plan de protección do casco histórico que evitaría estes trámites”. Por tanto dende o BNG consideran que hai alternativas “ao mellor o que foi un erro e só mandar un plan derrube e non un plan integral”.

Así mesmo, tamén se aprobaron dúas propostas sobre o servizo eléctrico. Por un lado, aprobouse a urxencia da proposta número un de modificación da ampliación do prazo de execución dos investimentos e, por outro, aprobáronse os ratios de inicio de contrato.

Servizo atención temperá

Outra cuestión que se abordou no pleno celebrado no día de onte foi en relación ao servizo de atención temperá que, según a concelleira do Partido Popular de Sarria, Esperanza López, o contrato finaliza en outubro e "hai familias que querían comezar co servizo pero que non saben se vai continuar e se se vai facer coa mesma empresa".

Así pois, o Concello informou que o servizo está funcionando e que se pediu para que continúe, sen embargo e, según o concelleiro Benjamín Escontrela, "este servizo hai que licitalo de novo porque é o que di a Xunta de Galicia e atención temperá". Ademais, engadiu "unha vez que se licite, pódese manter o mesmo servizo coa mesma empresa que se leve a adxudicación durante cinco anos".

0.13661408424377