O podcast 'Voces do Páramo. A casa dos contos' segue arrasando a nivel internacional

SarriaXa
Ademais do estilo de audiolibro, o profesor Toni destaca que no segundo trimestre introducirán un novo podcast “máis ao uso” co fin de falar de diferentes temáticas
podcast-nenos-do-Páramo
22 Dec 2024

O colexio do Páramo acolleu, unha tempada máis, o podcast ‘Voces do Páramo. A casa dos contos’ promovido polo profesor Toni, que xunto ao seu alumnado de 3º e 4º de Primaria, chegou a 5.000 oíntes.

“A primeira tempada neste primeiro trimestre de curso tivo unha acollida moi boa, xa que temos 5.000 oíntes fieis de diferentes partes do mundo: Brasil, Polonia, Reino Unido, España -que onde máis nos escoitan é en Madrid-, Miami, Rumania e Alemaña”, destaca o profesor.

Toni, que empezou con esta iniciativa o ano pasado no centro educativo de Educación Infantil e Primaria que actúa como unitario, xa conseguiu vincular ao seu alumnado con este proxecto, no que cada vez se suman máis.

Por iso, para finalizar esta tempada, o alumnado de 4º de Primaria gravou un especial de Nadal, gravando o ‘Conto do Apalpador’, mentres que os de 3º de Primaria explicaron curiosidades do Nadal, falando de Papá Noel, sobre personaxes ilustres doutras culturas como o Olentzero ou o Tió de Nadal, sobre o turrón, sobre por que se comen as uvas…

Agora, no segundo trimestre, seguirán gravando o podcast, xa que “os nenos están super motivados” co estilo audiolibro, aínda que Toni tamén destaca que introducirán un novo podcast “máis ao uso” co fin de falar de diferentes temáticas “como unha charla-coloquio, pero desde as curiosidades para que os nenos investiguen”, explica o profesor.

0.14795899391174