O poemario 'Unha casa onde vivir' de Inma Núñez Núñez foi o gañador do premio Fiz Vergara Vilariño de Sarria

SarriaXa
A vixésimo terceira edición do premio Fiz Vergara Vilariño do Concello de Sarria premiou a Inmaculada Núñez Núñez pola súa obra ‘Unha casa onde vivir’, elixido polo xurado, composto por Eduardo Estévez, Marga do Val e Jesús Castro.
premio Fiz Vergara
30 Oct 2023

A vixésimo terceira edición do premio Fiz Vergara Vilariño do Concello de Sarria premiou a Inmaculada Núñez Núñez pola súa obra ‘Unha casa onde vivir’, elixido polo xurado, composto por Eduardo Estévez, Marga do Val e Jesús Castro.

Pola súa parte, a presidenta da Asociación Ergueitas, María Casar Díaz actuou como secretaria e o concelleiro de Cultura, César No, foi o presidente da mesa do xurado.

O xurado destacou así a calidade das obras presentadas, pero decidiron por unanimidade que a obra gañadora fora a de Inmaculada Núñez Núñez, por ser un poemario optimista que transmite coñecemento real e imaxinario que trata con emoción un reencontro co territorio.

Así, a autora na súa obra, constrúe unha serie de poemas que afondan en temas como a conciencia de clase e da política, integrada na vida diaria.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.067667007446289