O polígono agroforestal de Loio de Paradela vén de declararse de utilidade pública

SarriaXa
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar o decreto polo que se declara de utilidade pública e interese social o polígono agroforestal de Loio, no Concello de Paradela, que permitirá a posta en valor de 23,23 hectáreas de terreo, distribuídas en 104 parcelas de 36 titulares catastrais.
13 Feb 2024

Esta declaración implica o recoñecemento da existencia de razóns de interese público aos efectos da aplicación da tramitación de urxencia do procedemento.

Este polígono ten por obxecto pór en produción áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva, que acadaron co paso do tempo estados de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha acaída actividade de explotación agrícola ou forestal.

A mellora da estrutura territorial de explotacións xa existentes ou a posta en marcha de novas iniciativas produtivas, así como o desenvolvemento de áreas que, independentemente da súa capacidade produtiva, contan con especiais valores ambientais, patrimoniais ou paisaxísticos e nas que os procesos de abandono están a deteriorar eses valores.

A zona na que se atopa o polígono de Loio está incluída na área de actuación da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e existe unha gran demanda de terreos na zona de actuación para a mellora da estrutura territorial de explotacións xa existentes ou para a posta en marcha de novas iniciativas produtivas vinculadas á produción vitivinícola, a gandaría extensiva e o aproveitamento forestal.

0.18083500862122