O Polo Sarria organiza unha sesión para crear comunidade entre profesionais do comercio
A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego da Xunta de Galicia organiza, este xoves 10 de outubro, unha sesión en Sarria para crear comunidade entre as persoas profesionais do sector do comercio da zona.
Así, o Polo Sarria busca reunir ás persoas comerciantes da contorna para desenvolver unha actividade participativa na que, tras unha presentación dos asistentes e unha explicación das vantaxes da cooperación, traballarase no deseño e desenvolvemento de proxectos colaborativos entre o tecido comercial de Sarria.
Todo comezará o xoves ás 20.00 horas, coa presentación do evento, a presentación do Polo e os servizos dispoñibles, e das persoas participantes; ás 20.45 horas haberá sesións de traballo de cooperación entre os comercios, ás 21.20- terá lugar a posta en común e de 21.40 a 22.00 horas será o momento do networking, rematando a iniciativa con esta actividade.