O portavoz popular de Samos denuncia o estado do Camiño do Couso

SarriaXa
O portavoz popular de Samos denuncia o estado do Camiño do Couso
Samos Camiño do Couso
6 Feb 2023

O Partido Popular de Samos lamenta que as vías municipais e as provinciais ao seu paso por este municipio non reúnan as condicións adecuadas.

Neste caso, José Fernández, representante do PP de Samos, centra a súa atención no Camiño do Couso, unha vía que, despois da última tempada de chuvias, quedou intransitable nalgúns tramos.

O Camiño do Couso "serve a Gosende e Fontearcuda, na parroquia de Lousada; tamén á parroquia de Montán, comunica con Zoó e sae cara a San Xil, explica.

Fernández di dar voz aos veciños de Gosende, "que se queixan do pésimo estado no que se atopa esta vía e critican a falta de interese do alcalde de Samos, Julio Gallego, para resolver este problema".

Así, o portavoz popular insta ao alcalde a adoptar canto antes as medidas necesarias para amañar o Camiño do Couso, que "é unha vía que constitúe un servizo importante para os residentes nos núcleos antes citados".

Para instar ao goberno local a mellorar esta pista, Fernández anuncia que presentará unha iniciativa na próxima sesión plenaria.

0.1900839805603