O PP alaba a actuación da Xunta co anuncio do remate da autovía Nadela-Sarria

LugoXa | SarriaXa
Afirman que "o Goberno de Alfonso Rueda actúa con responsabilidade e aposta por mellorar as comunicacións nesta provincia, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades para todos os lucenses"
pp-estrada-nadela-sarria
19 Oct 2025

Os deputados do Grupo Popular Nicole Grueira e Enrique Barreiro, acompañados do alcalde do Páramo, José Luís López, do mandatario do Corgo, Felipe Labrada, e da voceira do PP en Sarria, Carmen José López, salientaron que a aprobación do proxecto de trazado do último tramo da futura vía autovía Nadela-Sarria “é a mellor demostración do compromiso firme do Goberno galego co desenvolvemento e a mellora das infraestruturas de Lugo, fronte a un Goberno central que o único que fai é poñer atrancos ao progreso desta provincia: sen trens, sen AVE, con estradas nacionais en pésimo estado e cunha autovía a Santiago en permanente prórroga de finalización”.

“Mentres o Goberno de Pedro Sánchez leva anos esquecendo e desconectando a provincial de Lugo en materia de comunicacións por estrada ou ferroviarias, o Goberno de Alfonso Rueda actúa con responsabilidade e aposta por mellorar as comunicacións nesta provincia, co obxectivo de garantir a igualdade de oportunidades para todos os lucenses”, manifestaron.

En concreto, destacaron que a conversión en autovía de todo o corredor Lugo-Sarria, logo de que a Xunta aprobada esta semana o proxecto de desdobramento do último tramo de 13,5 quilómetros entre Nadela e Pobra de San Xiao, permitirá acurtar o tempo de viaxe entre ambas localidades e beneficiará aos máis de 100.000 veciños que residen nesta zona.

“Fronte á deixadez do Goberno central con Lugo, o Goberno galego cumpre, inviste, planifica e mellora as infraestruturas que son clave para o futuro da provincia, que serán unha peza fundamental para atraer investimento, xerar emprego e fixar poboación nesta provincia”, afirmaron.

⚙ Configurar cookies
0.06528902053833