O PP critica a suba de taxas "que quere impoñer" o alcalde de Sarria no último pleno do ano

SarriaXa
Os concelleiros do PP de Sarria denuncian a “brutal” suba de taxas que quere impoñer e aprobar o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, no último pleno do ano, que terá lugar esta mañá, e que afecta á taxa da residencia, á da escola de música, á do alcantarillado, á da auga, á da piscina, á do lixo e a do matadoiro.
PLENO VACIO SARRIA
28 Dec 2023

Os concelleiros do PP de Sarria denuncian a “brutal” suba de taxas que quere impoñer e aprobar o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, no último pleno do ano, que terá lugar esta mañá, e que afecta á taxa da residencia, á da escola de música, á do alcantarillado, á da auga, á da piscina, á do lixo e a do matadoiro.

A voceira popular, Carmen José López, explica que “se trata dunha suba xeneralizada de arredor dun 20 %, unha medida que o alcalde pretende aprobar sen diálogo nin consenso”.

Así, destacan ademais o chamativo que resulta que pretenda subir a taxa da residencia de maiores tan só tres meses despois de ter realizada unha subida previa no pleno de setembro cos voto favorables dos concelleiros de Camiña Sarria e do BNG, "o que pon de manifesto unha carencia absoluta de planificación e incluso de seriedade por parte do equipo de Goberno", sosteñen.

Concretamente, as subas das taxas que Garrido leva ao pleno de mañá son a taxa da residencia nun 16,70 %, a taxa da escola de música nun 21,40 %, a taxa da rede de sumidoiros nun 21,40 %, a taxa da auga nun 20,80 %, a taxa da piscina nun 21,40 %, a taxa do lixo nun 20,80 % e a taxa do matadoiro nun 20,80 %.

“A realidade é que, se aproba estas novas taxas, as consecuencias inmediatas para os petos de todos os veciños van a ser moi negativas, xa que é unha porcentaxe importante e afecta a moitas taxas de forma simultánea”, explica Carmen José López, quen denuncia a “nula capacidade de comunicación e de diálogo” de Claudio Garrido, xa que “non se comunicou esta suba aos veciños, como tampouco se buscou o consenso cos grupos da corporación, polo menos non co do Partido Popular, pese a ser un goberno en minoría”.

“É certo que se puxeron en contacto con nós, pero coa orde do día e estas actualizacións xa pechadas, sen ningunha capacidade de facer propostas ou variacións, o que é unha total falta de respecto”, afirmou.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16791892051697