O PP da provincia renova nun 40% os cabezas de lista de cara o 28 de maio
O Partido Popular renova os cabeza de lista de cara ás vindeiras eleccións municipais en 27 concellos da provincia de Lugo con respecto aos candidatos do 2019. Isto supón unha renovación dun 40% (40,9%) do total das candidaturas nos 66 concellos con lista pechada. No caso de Negueira de Muñiz, a lista é aberta ao tratarse dun municipio con menos de 250 habitantes.
A renovación inclúe a incorporación de xente xove (15 dos novos cabeza de lista teñen menos de 45 anos) e máis mulleres á fronte das candidaturas populares (7 concellos nos que cambia a persoa que encabezará a lista popular contarán con mulleres). De feito, serán un total de 13 as candidatas ás eleccións municipais do vindeiro 28 de maio na provincia fronte ás 7 do 2019, é dicir, un 85% máis.
Os populares, que ostentan a alcaldía en 31 concellos, volven presentar como candidatos aos alcaldes e alcaldesas; excepto no caso de Quiroga onde o rexedor xa anunciara a súa decisión de non repetir tras rematar o actual mandato. Polo tanto, 30 dos alcaldes e alcaldesas do Partido Popular na provincia optan a un novo mandato. Algúns deles como Miguel González, Manolo Otero ou Pablo Rivas será a primeira vez que encabecen a candidatura nos Concellos de Baralla, Mondoñedo e Portomarín, respectivamente.
A dirección provincial agradece “a todas e cada unha das persoas que se poñen ao fronte dunha candidatura, todas elas comprometidas cos seus concellos, polo traballo e esforzo que, non dubidamos, que porán para obter os mellores resultados posibles na vindeira cita coas urnas”.
Os candidatos e candidatas do PP á alcaldía dos concellos lucenses participaron este sábado en Santiago de Compostela no acto de presentación dos cabeza de lista de toda Galicia ao que asistiron o presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, e o presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, entre outros dirixentes.
En representación da provincia, interviu durante o acto Nicole Grueira, presidenta de xestora do PP de Pol e candidata, a primeira da historia do Partido Popular que veu ao mundo no século XXI. Representa, polo tanto, ás novas xeracións e tamén aos pequenos concellos.
CANDIDATOS Á ALCALDÍA NA PROVINCIA DE LUGO
- Abadín: José María López Rancaño
- Alfoz: Juan José Fraga Paz
- Antas de Ulla: Javier Varela Pérez
- Baleira: Ángel Enrique Martínez-Puga López
- Baralla: Miguel González Piñeiro
- Barreiros: José Manuel Gómez Puente
- Becerreá: José Fernández Carrete
- Begonte: José Ulla Rocha
- Bóveda: José Manuel Arias López
- Burela: Manuel Rouco López
- Carballedo: Julio Manuel Yebra-Pimentel Blanco
- Castro de Rei: Francisco Javier Balado Teijeiro
- Castroverde: Pablo Figueiras Reguera
- Cervantes: Óscar Fernández Gómez
- Cervo: Alfonso Villares Bermúdez
- Chantada: Manuel Lorenzo Varela Rodríguez
- O Corgo: Felipe Labrada Reija
- Cospeito: Armando Castosa Alvariño
- Folgoso do Courel: Lola Castro Ochoa
- A Fonsagrada: Bernardo Xabier Niño Neira
- Foz: Javier Jorge Castiñeira
- Friol: José Ángel Santos Sánchez
- Guitiriz: José Manuel López Rodríguez
- Guntín: María José López Rodríguez
- O Incio: Héctor Manuel Corujo González
- Láncara: Olga Capón Moreno
- Lourenzá: Roberto Díaz Expósito
- Lugo: Elena Candia López
- Meira: Óscar Fernández Fernández
- Mondoñedo: Manuel Ángel Otero Legide
- Monforte de Lemos: Katy Varela Fernández
- Monterroso: Eloy Pérez Sindín
- Muras: Eugenia Requeijo Chao
- Navia de Suarna: Raúl Pérez Álava
- As Nogais: Jesús Manuel Núñez Díaz
- Ourol: José Hermida Corbelle
- Outeiro de Rei: José Pardo Lombao
- Palas de Rei: Pablo Taboada Camoira
- Pantón: José Luís Álvarez Blanco
- Paradela: José Manuel Mato Díaz
- O Páramo: José Luís López López
- A Pastoriza: Darío Cabaneiro
- Pedrafita do Cebreiro: Miguel Ángel Castro Alba
- Pol: Nicole Grueira Fernández
- A Pobra do Brollón: Teddy López Pedredo
- A Pontenova: Concepción Novo Mourelle
- Portomarín: Pablo Rivas Folgueira
- Quiroga: José Manuel Pol González
- Rábade: Remedios González Cabarcos
- Ribadeo: Daniel Vega Pérez
- Ribas de Sil: José Rodríguez Fernández
- Ribeira de Piquín: José Osorio Fernández
- Riotorto: Clemente Iglesias González
- Samos: Miguel Gallego Saavedra
- Sarria: Carmen José López Rodríguez
- O Saviñao: Carlos Armesto Quiroga
- Sober: Luis Fernández Guitián
- Taboada: Ramiro Moure Ansoar
- Trabada: José María Fernández Vázquez
- Triacastela: Olga Iglesias Fontal
- O Valadouro: José Manuel Lamela Piñeiro
- O Vicedo: Jesús Novo Martínez
- Vilalba: Sandra Vázquez Domínguez
- Viveiro: Mariña Gueimunde González
- Xermade: Antonio Riveira Requeijo
- Xove: Demetrio Salgueiro Rapa