O PP da provincia renovará o 40% dos cabezas de lista en maio

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Prado asegura que nestes 80 días convencerán de que “o mellor proxecto para a provincia de Lugo é o que ofrecen os candidatos do PPdeG”
pp renovacion pp provincia
12 Mar 2023

A número dous dos populares galegos, Paula Prado, reivindicou en Lugo que o PPdeG é o partido con máis rexedoras en Galicia coas de Guntín, Folgoso do Courel e Triacastela na provincia de Lugo: “Nestas eleccións preséntanse máis candidatas que nunca e por iso aspiramos a ter aínda máis alcaldesas”, dixo. Durante a reunión da Xunta Directiva destacouse a incorporación de xente moza ao proxecto do PP na provincia, como exemplifica o feito de que Lugo conte cos tres candidatos populares máis novos de Galicia.

Pola súa banda, a presidenta provincial, Elena Candia, reivindicou que o PP de Lugo se atopa “organizado, motivado e ilusionado por cambiar o rumbo da cidade e da provincia”.

Avanzou que no conxunto da provincia de Lugo serán 27 os concellos que contarán cunha nova persoa ao fronte da candidatura do PP con respecto ás eleccións do 2019; o que supón unha renovación do 40% sobre o total., o 85% mulleres.

A dirixente provincial afirmou que detrás de todos estes cambios "hai un inmenso traballo, pensado unicamente para dar equipos que garantan a gobernabilidade nos concellos, nos que o cambio é unha necesidade".

A presidenta do PP lucense lembrou tamén que apostan por mulleres como cabezas de lista, cun incremento do 85% respecto ao 2019. Os concellos onde renovan o cabeza de lista con respecto a 2019 son Alfoz, Barreiros, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Fonsagrada, Guitiriz, Láncara, Lourenzá, Lugo, Meira, Navia de Suarna, Páramo, A Pastoriza, Pol, Pobra do Brollón, Pontenova, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Samos, Sarria, Vilalba e Viveiro.

Paula Prado definiu a Elena Candia como “a alcaldesa que a cidade de Lugo necesita e merece fronte ao actual desgoberno municipal”, Paula Prado asegurou que a formación “non renuncia a ningún concello” nin nesta provincia nin no resto de Galicia.

Sobre o PP dixo que "temos un proxecto serio de solvencia e estabilidade e somos unha alternativa alí onde non gobernamos”, afirmou ao tempo que contrapoñía o modelo do PPdeG fronte ao socialista: “Votar ao PSOE é votar a Pedro Sánchez, e Lugo non merece máis sanchismo”.

0.14637684822083