O PP de Láncara salienta as subvencións recibidas para mellorar o Concello
O Partido Popular de Láncara destaca o compromiso da Xunta de Galicia co concello, as subvencións recibidas nas últimas datas promoven a mellora de infraestruturas.
Entre as subvencións da Presidencia da Xunta de Galicia destaca a destinada para a mellora das vías entre o Concello de Láncara e os Concellos veciños de Sarria e O Corgo. Desta forma arranxouse a pista que une Fonteabuín (Sarria) con A Chá (Láncara) e a pista que une Bande (Láncara) con Vilar (O Corgo).
Por outra banda, tamén recibiron subvenciones da Consellería de Medio Rural. Un total de 66.000 euros cos que se melloraron os accesos a Mourillón. Tamén, a través desta consellería conseguíronse outros 70.200 euros para humanizar un tramo da estrada autonómica LU-621 en Láncara.
Estas axudas súmanse aos case 900.000 euros que a Consellería de Infraestruturas invertiu na ampliación da Ponte de Valdriz, e aos case 15.000 euros que a Consellería de Sanidade empleou para a mellora do Centro de Saúde de Puebla.