O PP de Samos critica diversos aspectos do Goberno local

SarriaXa
Desde o Concello de Samos seguen impulsando actividades, iniciativas culturais e accións para mellorar a calidade de vida dos veciños
Concello-de-Samos
5 Out 2024

O voceiro do PP de Samos, Miguel Gallego, volve denunciar a "situación caótica no SAF, á que se suma agora o centro de maiores. Ámbolos dous ten unha escaseza importante de persoal e tentan suplilos con traballadores municipais”. Desde o PP pregúntanse se eses traballadores “dispoñen da formación específica que se require para exercer eses labores”, denuncian.

Os concelleiros do PP tamén se interesaron polo estado das rozas; e a rexedora afirmou que os veciños podían rozar eles os camiños sin impedimento ningún, que o Concello non os vai sancionar. Preguntámonos entón para que solicitan a subvención para acometer labores de roza se ao final as teñen que facer os propios veciños”.

Porén, desde o Goberno local entanse desbrozando cada vez máis camiños, tal e como informaron desde o Concello, e faise por orde de necesidade, pero se algún veciño ten a necesidade de desbrozar un camiño ao que aínda non chegou o Goberno local e posúe dos medios necesarios para facelo, pode facelo.

Por outra banda, os poulares critican que o equipo de Goberno votou en contra da moción que presentaba o PP sobre a recollida de residuos voluminosos porta a porta para levar ao punto limpo, e nin sequera iniciou os trámites para facer a recollida selectiva como di a nova lei. O único ao que se dedican é a buscar culpables para intentar xustificar unha subida considerable no recibo da basura, que a Xunta de Galicia vai financiar o 60 % e que vén derivada dun imposto do Goberno central”, explica o popular.

0.17136287689209