O PP de Samos denuncia danos no centro de maiores e o Goberno local asegura que “mente”

SarriaXa
O Goberno local asegura que se tratou dun problema puntual xa solucionado, mentres acusa aos populares de non esixir fondos á Xunta
Concello-de-Samos
18 Feb 2026

O PP de Samos solicitou ao goberno municipal a reparación inmediata dunha tubaxe que, segundo denuncian, "permanece rota desde o mes de agosto no centro de maiores municipal". Ademais, a formación tamén esixe a eliminación das goteiras que, aseguran, os usuarios levan 15 días padecendo na primeira planta e no comedor, así como a reparación do resto de desperfectos ocasionados.

Desde o Goberno local negan esta información e indican que o sucedido foi un incidente “puntual” rexistrado a pasada semana e que quedou resolto na mesma semana. A alcaldesa ironiza coas acusacións do PP ao preguntarse como poderían decatarse agora dun problema que, segundo os populares, levaría seis meses sen solución.

Ademais, o Executivo municipal insta ao grupo popular a dirixir as súas reclamacións á Xunta de Galicia, á que acusa de destinar cero euros ás vivendas comunitarias de Samos e de retirar unha subvención próxima aos 40.000 euros que viña recibindo o Concello. Segundo o goberno, esta decisión obriga á administración local a asumir ese custo, co consecuente impacto para a veciñanza samanense.

⚙ Configurar cookies
0.073832035064697