O PP de Samos denuncia o mal estado das estradas en varias das súas parroquias
O Partido Popular de Samos presentou unha serie de rogos sobre deficiencias existentes en varios núcleos do concello. Un dos máis afectados é Santalla, onde existen algunhas estradas que os populares definen como intransitables. Son as que unen o núcleo con Gamiz, Trasocastro e co camiño público de Valoscuro.
No caso de Gamiz, o Partido Popular expón que a vía pública municipal atópase nun estado de importante deterioro polas características que presenta. Trátase dun punto no que existe unha curva moi pronunciada e na que se producen desbordes de augas pluviais que se acumulan e deterioran o trazado, dificultando o tráfico.
Segundo o PP, prodúcese unha situación similar na estrada municipal que parte dende Trasocastro e que comunica con Santalla. Denuncian que o seu estado é pésimo xa que se atopa cheo de maleza e de ramas cortadas que dificultan o paso de vehículos e poñen en perigo a seguridade dos ocupantes dos mesmos. Tampouco en Valescuro pódese facer uso do camiño municipal que parte de Santalla, polas fochancas que presenta.
Así mesmo, o portavoz José Fernández Vázquez informa sobre o estado da Capela do Ciprés, situada na capital do concello. Sinalando que nas súas inmediacións existe maleza amontoada e que esta afecta ao río, posto que hai ramas de árbores caídos e podados flotando no mesmo. Solicitando pois a súa retirada e limpeza.