O PP de Samos insiste en poñer o foco no SAF despois de que desde o Goberno local xa se deran explicacións

SarriaXa
O PP de Samos segue insistindo en denuncian as "deficiencias do servizo do SAF no Concello", a pesar de que a alcaldesa e equipo de Goberno explicou, en diversas ocasións, que o aumento do prezo do servizo a algunhas persoas non foi pola súa causa.
27 Abr 2024

Os populares din que "agora sabemos que non se está a cubrir o servizo os días que piden as traballadoras por asuntos propios" e que “os maiores din que moitas veces na semana perden varias horas de servizo, pois se falta a traballadora non aparece ninguén a substituíla, de xeito que algúns que viven sós teñen que apañarse como poidan".

Ademais, dende o Grupo Municipal do PP lembran que “este servizo está financiado maioritariamente pola Xunta e ademais acaba de recibir 36.000 euros da Xunta para sufragar gastos das vivendas comunitarias”.

Por parte do Concello din que minten, xa que "agora mesmo hai persoal e está todo cuberto" e que "o único que fan é menosprezar o traballo das empregadas do SAF e mentir co dos prezos. Insistimos en que non se modificou ningunha ordenanza, e mesturan SAF con vivendas comunitarias, aínda que ambos son competencia da Xunta. Deberían dicir que a Xunta deu algo máis de 30.000 euros recentemente despois de non dar nin un só euro dende hai moitos anos".

0.077139854431152