O PP de Samos levará a pleno unha moción para mellorar nove pistas co Plan Único

SarriaXa
El PP de Samos llevará al próximo pleno una moción para arreglar nueve pistas del ayuntamiento con los fondos del Plan Único.
21 Xan 2022

A calidade de vida dos cidadáns no medio rural está estreitamente ligada ás boas condicións das vías de comunicación. No caso do concello de Samos hai numerosas pistas que se atopan en mal estado. O grupo municipal popular, que ten por portavoz a José Fernández Vázquez, defenderá unha moción na próxima sesión plenaria na que propón que o Concello repare nove vías municipais con cargo ao Plan Único da Deputación, que, para este municipio, ascende a 282.251,29 euros.

A relación de vías públicas que os populares queren que sexan melloradas son as seguintes: acondicionamento de A Calella, no lugar de Proucelo; pavimentación da praza en San Cristóbal de Loúzara; acondicionamento de camiños interiores en Lourido; vía municipal dende Manxar a Samos; dende o lugar de A Cruz hasta Pascais; acceso dende a estrada de Samos a Zoo ata a igrexa de Loureiro; acceso a casa Fidalgo dende o Cerro no lugar de Teivilide; reparación do firme da vía de acceso ao lugar de Portela-Loúzara; camiño de acceso aos pasteiros de Zoo (tapar fochancas e limpeza de cunetas).

O portavoz popular di que a citada relación de vías a acondicionar foi elaborada en función das queixas expresadas polos veciños polo mal estado no que se atopan. Sostén que as obras son precisas para mellorar a seguridade vial, tanto para o tráfico rodado como para o peonil.

0.16199994087219