O Goberno local de Samos aproba os orzamentos por máis dun millón de euros
O Goberno local de Samos vén de aprobar un orzamento para o ano 2024 por valor de 1.260.000 euros despois de levar desde o ano 2021 prorrogados co anterior Goberno local.
Así, a maioría do presuposto irá destinado a cubrir os gastos de persoal do Concello, arredor de 200.000 euros para gastos correntes e o resto para mantemento de infraestruturas do municipio, algo que criticou o PP de Miguel Gallego, xa que argumentou que o gasto en persoal era demasiado. Pero a alcaldesa, Chus López, recordou que o gasto en persoal é o mesmo que estaba establecido cando eles chegaron ao Goberno.
Ademais, os populares acusan ao Goberno local de deixar o Concello con "déficit", ao que desde o Concello responden foi o anterior alcalde o "que fixo a praza que custou máis de 150.000 euros e quen fixo o contrato de substitución do alumedado público, polo que houbo que pagar mais de 100.000 euros", lembran.
Os populares preguntaron se tiñan previsto un plan de saneamento das contas municipais, pero “dende o Goberno local responderon que consistirá en axustar ingresos e gastos”. Porén, é ao revés, dixeron que se axustaban os gastos aos ingresos.
Gallego tamén dixo que o Goberno bipartito está subindo os prezos do SAF e que hai xa unha lista de espera de 14 persoas que se negaba a admitir. Porén, o Goberno local insiste de novo en que a causa da suba é debido á Xunta ou por cambio substancial de patrimonio por parte dalgún usuario.