O PP de Sarria advirte de preto “de 800.000 euros en facturas fóra do canon mensual á empresa do alumeado municipal”

SarriaXa
Os concelleiros populares pregúntanse “onde está o aforro do que presume o alcalde” e avanzan que “nos encargaremos de clarificar as cifras”
Concello-de-Sarria
26 Jul 2024

Os concelleiros do PP de Sarria advirten que “o alcalde omitiu que hai preto de 800.000 euros facturados pola empresa concesionaria do mantemento e subministro do alumeado público de edificios municipais “a maiores do canon mensual”. Polo tanto, pregúntanse “onde está o aforro do que presume”.

A portavoz, Carmen José López, explica que “non hai nin un mes que o alcalde presumía de que a substitución das luminarias permiten un aforro no consumo de enerxía do 74,4 %, pero non especificou a onde foron a parar os cartos que supostamente se aforrarían con esa redución”. Ao respecto, a popular condena que “mentres outros Concellos beneficiarios da subvención para a substitución de bombillas por de luminarias LED de baixo consumo aproveitaron para aforrar gasto, en Sarria o aforro vai parar ao marxe de beneficio da empresa que se fixo cargo da privatización do servizo”.

López explica que “o Partido Popular non se opuxo a que o Concello se beneficie dunha subvención, senón á xestión privatizada dun servizo para que unha empresa externa se beneficie do aforro enerxético”. A portavoz lamenta os descualificativos do rexedor poñendo “a venda antes da ferida” porque “aínda non fixeramos ningunha valoración ao respecto destas novas facturas pendentes de pago”. Así mesmo, cualifica de “vergoñento” que “o alcalde trate de mentir nun intento por tapar os evidentes prexuízos da privatización que evita que o aforro redunde directamente nas arcas do Concello”.

En todo caso, considera que “as súas declaración preventivas contra a oposición non fan máis que evidenciar o seu nerviosismo”. O Grupo Municipal Popular avanza que “nos encargaremos de clarificar as cifras para que o alcalde e o resto da veciñanza coñeza a perda de aforro económico que supón para o municipio a forma que tivo o goberno local de xestionar este asunto”, conclúe.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15417695045471