O PP de Sarria amosa unha actitude crítica fronte ao estado dalgunhas infraestruturas do municipio
O grupo popular de Sarria, vén de manifestar a súa desconformidade fronte ao estado no que se atopan algúns dos bens comúns da localidade lucense.
É por exemplo o caso de moitos pasos de peóns da vila que precisan ser repintados ou da escalinata maior pola que pasan diariamente os milleiros de peregrinos que percorren o Camiño de Santiago, que se atopa chea de maleza.
Segundo afirman varios integrantes do partido é algo que “levan trasladando en varios plenos dende fai tempo ao grupo de goberno, sen obter resposta algunha pola súa banda”.
OUTRAS PARROQUIAS
O mesmo sucede co parque infantil de Peruscallo que luce abandonado e sen que ningún neno poida facer uso das súas instalacións, e coas pistas situadas na parroquia da Pinza. Cuxos veciños teñen que sortear as fochancas, as silvas e a maleza que invaden a vía.