O PP de Sarria critica o estado do polígono industrial O Morelle
SarriaXa
O PP de Sarria critica o estado do polígono O Morelle, onde non se realizou ningunha actuación en 9 meses dende a reunión realizada.
26 Jul 2021
O Partido Popular de Sarria critica o estado do polígono industrial O Morelle, onde non se realizou ningunha actuación en 9 meses dende a reunión realizada. Así pois, sinalan que "só houbo parálise e mentiras do goberno municipal".
Por outra beira, consideran que non hai rastro da prometida comercialización e venta de parcelas da que se había falado. Tampouco "da prometida urbanización da segunda fase, nin do prometido solo industrial".
Por estas razóns, dende o Partido Popular consideran que outros Concellos continúan en crecemento a través de iniciativas e actuacións e, mentras, "Sarria perde tódolos trens".